15 Jul 2013

15 Jul 2013

O Principio

De:

Categoría: Sin categoría

2 Comentarios

O principio imagentexto blancopost

 

Onte rematamos o primeiro obradoiro de Inprega, no que se supoñía que Mayte, Natalia, Mar e Tero debíamos ensinar como confeccionar e difundir o seu currículo a case trinta persoas desempregadas da zona de Ferrol.
Enseguida nos demos conta de que o obradoiro precisaba moito máis que iso. A funcionalidade dos distintos modelos,as técnicas de redacción, a corrección ortográfica, a claridade de estilo, as vías de difusión, as posibilidades de internet, os organigramas empresariais… Ningunha de nós nega que “un buscador de emprego profesional” debe coñecer estes materiais, pero o prioritario e imprescindible é que crea que todo isto serve para algo.
Cando os nosos alumnos e alumnas chegaron, vimos as caras da crise. Así como entraban nas aulas ían metendo nelas derrota, apatía, desgana, tristeza, baixa autoestima, resignación…E moitos NON!; “non hai nada”, “non teño experiencia”,“non teño titulación”, “non teño idade”, “non teño diñeiro”, “non sei facer”… Todo indicaba que se estaban afacendo a camiñar entre vidros rotos e cinzas. Non viñan buscando unha saída, viñan buscando unha “estratexia para a acomodación”.


Estes días traballamos moi duramente e aprendemos moito, alumnado e profesoras. Modificamos os seus CV ata lograr a corrección, coñeceron estratexias para facerllo chegar á persoa adecuada, difundímolos a empresas con posibilidades de contratación… E conseguimos que nacese nestas persoas o desexo de loitar e traballar con forza por un obxectivo laboral propio.
A súa valoración moi positiva ao final do obradoiro,  produciunos moita satisfacción, pero o que de verdade vale a pena é ese modo seu de brillar no momento no que se dan conta de que teñen posibilidades. Vímolos saír con ilusión, con estratexias e con ansia por facer cousas específicas para obxectivos concretos.
No mundo do teatro dise que o público non pode saír dun espectáculo igual que entrou, que dalgunha maneira o que alí acontece debe conmovelos e facelos diferentes. Temos a sensación de que, neste obradoiro de Inprega, As persoas que participaron entraron como espectadores e saíron como protagonistas.

Ánimo! As oportunidades están nas persoas!

Imaxe extraída do conto de Paula Carballeira: O principio

.

Comentarios (2)

  1. José Alexander Gallardo Ureña el 16 / 07 / 2013

    El taller que imparten y al que he tenido la oportunidad de asistir es simplemente genial. Es un volver a despertar al mundo. Es un enfoque nuevo que permite ver las oportunidades donde antes parecía no haber nada.

    Respuesta
    1. inprega el 16 / 07 / 2013

      Gracias José, ha sido un verdadero placer tenerte como alumno de nuestros talleres de mejora de la empleabilidad y descubrir tu talento. Desde INPREGA haremos todo lo posible por difundir tus contenidos creativos. Tenemos claro que las oportunidades están en las personas.Mucha suerte.

      Respuesta

Añade tu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *