24 Set 2014

24 Set 2014

INPREGA DINAMIZA O CENTRO MUNICIPAL DE EMPRESAS DE A CORUÑA

By:

Category: Información general

0 Comment

Emprendedor!  Comerciante! Coñeces o Centro Municipal de Empresas de A Coruña? Non?

O Centro Municipal de Empresas (CME) é unha instalación promovida polo Concello de A Coruña e pensada para o apoio aos emprendedores/as.

Dende principios do mes de Agosto, Inprega é a encargada de dinamizar o sitio web do CME e os espazos sociais asociados. Recomendámosche que entres en http://www.cmeagrela.es, onde encontrarás información acerca dos servizos que ofrece o centro, entre os que se inclúe formación e asesoramento individualizado. Tamén poderás consultar documentación importante e enterarte das novas máis destacadas sobre emprendemento e comercio que teñen lugar en A Coruña e resto de Galicia.

Ademais, Inprega quere terte ao tanto das últimas noticias, eventos e axudas actualizadas que poidan ser do teu interese. Para que os emprendedores e comerciantes poidamos estar actualizados en tempo real, xestionamos as noticias a través dos seguintes espazos sociais: Twitter (@cmcoruna), Facebook (facebook.com/cmecoruna) e Google+. Faite seguidor e non perdas ningún evento!

Por último, se es dos que quere ter as cousas organizadas e gardadas, realizamos un boletín mensual, onde podes encontrar unha recompilación das noticias destacadas, a axenda e as axudas vixentes.  O bolentín deste mes de setembro podes atopalo no sitio web do centro, ou en calquera dos seus espazos sociais.

Se estás a pensar en emprender, cambiar, ou axustar o teu modelo de negocio, permanece atento/a ás nosas accións e ao resto de proxectos postos en marcha polo Concello de A Coruña.

Anímate a emprender!
.

Añade tu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *