18 Mar 2015

18 Mar 2015

Novas tecnoloxías: CODIX E TECLADO GALEGO PARA ANDROID

By:

Category: Información general

0 Comment

No artigo de hoxe damos conta de dúas cuestións de importancia en diferentes ámbitos.

En primeiro lugar, a publicación no DOG do día 10 de marzo de 2015 das convocatoria das probas libres para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais, e en segundo lugar unha pequena homenaxe á aplicación móbil gañadora do Primeiro Concurso Faite Dixit@l de aplicacións móbiles.

QUE É O CODIX?

Dentro do obxectivo de situar os cidadáns como obxectivo primario das accións en materia de sociedade dixital e coñecemento, no Decreto 218/2011 do 17 de novembro regulouse o procedemento de obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática. CODIX.

Esta certificación permitirá ás persoas acreditar as súas competencias en tecnoloxías da información e comunicación en ofimática ante calquera entidade pública ou privada.

Estar en posesión desta certificación será valorado como mérito nos procesos selectivos e mesmo como requisito para a participación en procesos de provisión de postos de traballo e a promoción profesional.

No seguinte enlace poderás acceder aos requisitos necesarios para obter a certificación (CODIX)

http://amtega.xunta.es/temas/ensino-e-formacion/codix/competencias_necesarias_codix.html

codix JTG

TECLADO GALEGO PARA ANDROID

Dedicaremos este segundo apartado de hoxe ao talento con marca Galicia, facendo unha pequena homenaxe ao primeiro teclado galego Android feito en Galicia, a aplicación gañadora do Primeiro Concurso Faite Dixit@l de aplicacións móbiles convocado pola Axencia para a Modernización de Galicia dependente da Xunta de Galicia.

Screenshot teclado

Todos nos enfrontamos algunha vez co reto de querer redactar unha mensaxe en galego no teléfono móbil, e que esta fose literalmente destruída por obra e graza do corrector automático.

A aplicación “Teclado galego Android” permite integrar nos nosos dispositivos móbiles un teclado especificamente desenvolvido para a escritura en galego.

É unha aplicación gratuíta e completamente segura que conta tamén con dicionario de galego, inglés e portugués, e facilita a alternancia dos idiomas español e galego mediante o simple pulsado dunha tecla. Ademais ofrece a suxestión de termos ou predición de texto mentres escribimos.

Se tes un dispositivo Android 4 ou superior, podes buscar no teu Play Store “teclado galego Android” e instala gratuitamente. A que esperas?

Screenshot_app

.

Añade tu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *