30 Jun 2013

30 Jun 2013

DESPEGUE

De:

Categoría: Eventos

1 Comentario

Comezamos en Xaneiro, a partir dunha idea que fomos madurando e desenvolvendo.

En Abril naceu  INPREGA, Innovación para a promoción do emprego, Sociedade Cooperativa Galega. Desde entón non paramos de traballar; consolidando o grupo promotor, elaborando distintos programas, presentando propostas, confeccionando material…

Este luns, primeiro de Xullo, será o noso debut. Estrearémonos cuns obradoiros para mellorar a empregabilidade d@s demandantes de Ferrol, cidade especialmente castigada polo desemprego.

Acometemos estes obradoiros co propósito de conseguir remover actitudes naquel@s que o precisen, porque teñan caído no desánimo. Provocaremos a súa participación nas dinámicas que desenvolveremos, e facilitarémoslles as técnicas e ferramentas necesarias  para que afronten con máis posibilidades de éxito a súa busca de emprego.

Mayte, Natalia, Mar, Tero, Plácido. Somos un grupo multidisciplinar que se complementa, no que cada unh@  achega os seus coñecementos e o seu saber facer. Cada día temos máis ilusión e máis gana de sacar adiante este proxecto, porque nos apaixona a convicción de que podemos converter INPREGA nun referente e, sobre todo, porque cremos que “As oportunidades están nas persoas”..

Comentario (1)

  1. CristianLopez Fernandez el 27 / 08 / 2013

    estoy sin empleo y si hubiera algo soy de la coruña y me interesaria por esta zona

    Respuesta

Añade tu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *